05/11/14



Destacamos un proxecto colaborativo: Fala Londres que foi premiado pola Fundación Barrié na modalidade de proxectos escolares. Emprega as ferramentas da web 2.0. para promover a aprendizaxe do galego, a integración e a valoración do idioma propio de Galicia. Nas redes sociais e no blog do proxecto reflíctese a enorme actividade que se desenvolve no instituto londinense Vicente Cañada Blanch ao redor do área de lingua galega á vez que se incentiva a participación de toda a comunidade educativa e da comunidade galega residente en London.


A iniciativa parte do profesor de galego neste centro, Xaime Varela, quen é recoñecido por contribuír á incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación á práctica docente con novos enfoques metodolóxicos e novas estratexias didácticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario